INFORMACIÓN SOBRE A POSTA EN FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS DE TELEFONÍA 4G NA BANDA DE 800MHZ E AS POSIBLES INCIDENCIAS QUE POIDAN XURDIR COA RECEPCIÓN DE TDT

INFORMACIÓN SOBRE A POSTA EN FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS DE TELEFONÍA 4G NA BANDA DE 800MHZ E AS POSIBLES INCIDENCIAS QUE POIDAN XURDIR COA RECEPCIÓN DE TDT

As operadoras de telefonía comezan a ofrecer en Cambados servizos 4G na banda de 800MHz. Esta nova tecnoloxía permitirá aos veciños e veciñas de Cambados disfrutar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores poñen en marcha Llega800, entidade encargada de solucionar calquer afectación na recepción da sinal de televisión, garantindo así a compatibilidade deste servizo 4G coa TDT na banda de 800MHz.

Coa chegada do novo 4G a Cambados continúa o proceso de implantación que se está realizando de forma paulatina por toda a xeografía nacional dende o pasado mes de xullo e que culminará en marzo de 2018, data prevista para o despregue total da tecnoloxía. Para comprobar as localidades onde xa están activos estos servizos podese consultas o seguinte enlace: https://www.llega800.es/listado-de-municipios-activos/

O despregamento 4G enmarcase no establecido no Real Decreto 805/2014, de 19 de setembro, con data 1 de abril de 2015 no que se procedeu á liberación das frecuencias entre 790 e 862 MHz (canles 61 ao 69 de UHF) que ata entón se empregaban para a recepción da TDT, proceso tamén coñecido como Dividendo Dixital. A partir de entón, titas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil 4G.

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura

Coa rede 4G abrese a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como no envío de datos -fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición- ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións online, como os videoxogos.

“Esta rede avanzada de telefonía móbil introduce dúas melloras fundamentais. A primeira vantaxe consiste en que solventa moitos problemas relacionados con orografías complicadas onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A sua outra vantaxe destacable é a gran penetración en zonas interiores dos edificios”, explica Daniel Espín, voceiro de Llega800.

A nova xeración de tecnoloxía 4G tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videochamada, entre outros.

Ademáis, a maior cobertura que alcanza o 4G na banda de 800Mhz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita extender xeográficamente o servizo de forma eficiente.

Para garantir a compatibilidade:

Llega800 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión do 4G na banda 800MHz e a recepción do servizo de TDT. Para garantir esta compatibilidade, Llega800 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuitos que inclúen, por un lado, unha actuación previa, grazas á cal os cidadán que residen en zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar de forma gratuita a adaptación da antena do seu edificio para evitar posibles incidencias.

E, por outro, un procedemento correctivo, tras o encendido das instalacións, polo que Llega800 se encargará de atender aos usuarios afectados xestionano e resolvendo posibles afectacións tamén sen custe algún.

Para xestionar estos servizos, ponse a disposición dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega800.es


Descargar: Llega800 Triptico.pdf