A seguinte modificación do Artigo 35 do Regulamento Orgánico Municipal, aprobada provisionalmente no pleno do 24 de setembro de 2015, di textualmente:
“As sesións do Pleno do Concello de Cambados serán públicas e garantirán a máxima proximidade da xestión municipal ós intereses dos veciños e veciñas de Cambados.
As sesións do Pleno do Concello de Cambados, que non foran declaradas secretas, terán difusión pública a través de medios audiovisuales, mediante canais asociados ó espazo web oficial do Concello de Cambados. As imaxes deberán estar dispoñibles durante o prazo de seis meses dende a súa grabación.
Non obstante o disposto no parágrafo primeiro deste artigo, o Pleno poderá acordar por maioría absoluta que unha sesión se desenvolve con carácter secreto cando o debate e votación dalgún dos asuntos incluidos na orde do día poida afectar ó dereito á honra, á intimidade persoal ou familiar ou á propia imaxe de calqueira persoa”.
Foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o 9 de outubro, ( pódese consultar no seguinte enlace: EXPOSICIÓN PÚBLICA ACORDO APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ART. 35 REGULAMENTO ORGANICO MUNICIPAL) data a partir da cal comezou a contabilizarse un período de 30 días hábiles en cumprimento do disposto polo artigo 49 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, na que quedou exposto ao público o expediente, polo prazo de trinta días, a efectos de exame e reclamacións.
Non habéndose presentado reclamación algunha nas datas referidas, enténdese definitivamente adoptado o acordo, extendéndose pola Secretaría a certificación que acredite a elevación a definitiva da aprobación inicial.
O acordo de aprobación definitiva da modificación da ordenanza, co texto íntegro da mesma, debe publicarse para o seu xeral coñecemento no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia, tal e como dispón o artigo 70.2 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.
Por este motivo, dende o Concello de Cambados informamos que ao non estar todavía publicado no BOP o acordo de aprobación definitiva, o pleno a celebrar esta noite non poderá ser retransmitido en directo via web, ao non estar todavía en vixencia a modificación do Regulamento organico municipal. Non obstante, será gravado para a súa posterior emisión no prazo de tempo máis breve posible, en canto sexa publicado dito acordo de aprobación definitiva no BOP.