INAUGURACIÓN DA FESTA DO ALBARIÑO

INAUGURACIÓN DA FESTA DO ALBARIÑO

Como cada ano, o primeiro fin de semana de agosto Cambados celebra a súa semana grande coa festa do Albariño. Este mércores foi a inauguración da Festa, nun acto que comezou coa lectura do pregón dende o balcón da casa consistorial, a cargo do cineasta cambadés Juan Galiñanes.

A continuación a alcaldesa Fátima Abal, xunto coa presidenta da Deputación Carmela Silva e a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e acompañados de diversas autoridades procederon a cortar a cinta que daba paso á Calzada, lugar onde se atopan os stands, dando así comezo de forma oficial á Festa.

Xa o xoves,  procedeuse á inauguración no salón José Peña do Túnel do Viño, onde se poderá disfrutar de catas temáticas de albariño.