Un ano máis, e van xa 14 edicións, Cambados acolle as xornadas de exaltación da vieira. Como ven sendo habitual, estas xornadas desenrolaránse na carpa habilitada no Paseo da Calzada.
A inauguración foi levada a cabo este mediodía, e a ela acudiron o Secretario Xeral do Mar Juan Carlos Maneiro, varios concelleiros encabezados pola alcaldesa Fátima Abal, e representantes da Confraría encabezados polo Patrón Maior Ruperto Costa.
Dende hoxe e ata o vindeiro domingo 19, aqueles que o desexen poderán degustar as distintas elaboracións que se realizarán deste molusco, ademáis de disfrutar das diversas actividades programadas.
A xornada inaugural contará coa actuación musical dos grupos “The Sharknadoos” e “Mandarina Jack” ás 23:00. Ademáis, durante o sábado e o domingo os asistentes poderán coñecer o traballo das mariscadoras a través das rutas turísticas de Guimatur. E o sábado o chef cambadés Yayo Daporta impartirá un taller de cociña.