INAUGURACIÓN DA FEIRA ECOLOGICAL

INAUGURACIÓN DA FEIRA ECOLOGICAL

O paseo da Calzada acolle estes días a terceira edición da feira Ecological, unha mostra de produtos ecolóxicos e de artesanía que dende hoxe ata o domingo 9 convirten a Cambados no punto de encontro dun sector en auxe, coa presenza de máis de 50 empresas do sector.

Esta mañá celebrouse o acto de inauguración, a cargo da alcaldesa Fátima Abal, a directora xeral de produción agropecuaria da Xunta, Patricia Ulloa, o delegado territorial Cores Tourís e varios concelleiros.

A feira, a principal deste tipo que se celebra en Galicia, está destinada tanto a profesionais do comercio e a distribución, que poden coñecer as últimas novidades en canto a produtos ecolóxicos, como ao público en xeral que pode descubrir todo tipo de productos sostibles medioambientalmente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.