INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE GUILLERMO PEDROSA

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE GUILLERMO PEDROSA

Esta tarde ás 20:00h inaugúrase no Pazo de Torrado a exposición “Superficies do Tempo”, de Guillermo Pedrosa, que poderá ser visitada ata o vindeiro 25 de outubro, de martes a domingo de 17 a 20 horas.

 

“A concepción bidimensional da pintura sitúa  estes traballos nun terreno híbrido, complexo a  hora de inscribilos nas metodoloxías creativas tradicionais A forma desmémbrase, dilúese  ou faise contundente, adoptando acabados propios de outros materiais mais sólidos, xogando a modo de trampantoxo con esa dualidade dunha solidez aparente contra o que non é mais ca pigmento sobre  tela,  iso si, montada sobre unha  estrutura previa elaborada con outros materiais.”     

      Guillermo Pedrosa

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.