Esta tarde ás 20:00h inaugúrase no Pazo de Torrado a exposición “Superficies do Tempo”, de Guillermo Pedrosa, que poderá ser visitada ata o vindeiro 25 de outubro, de martes a domingo de 17 a 20 horas.
“A concepción bidimensional da pintura sitúa estes traballos nun terreno híbrido, complexo a hora de inscribilos nas metodoloxías creativas tradicionais A forma desmémbrase, dilúese ou faise contundente, adoptando acabados propios de outros materiais mais sólidos, xogando a modo de trampantoxo con esa dualidade dunha solidez aparente contra o que non é mais ca pigmento sobre tela, iso si, montada sobre unha estrutura previa elaborada con outros materiais.”
Guillermo Pedrosa