O Concello de Cambados organiza as III Xornadas para Emprendedores que, nesta edición, están vinculadas aos proxectos de Emprendemar.
As Xornadas serán o vindeiro 11 de outubro, en Exposalnés, de 16 a 20 horas, e incluirá unha mesa de debate con catro ponencias, impartidas por representantes do GALP Ría de Arousa, SmartPeme, a empresa Nordelaina, e o grupo Arestora.
Durante as mesmas, exporanse os catro pilares básicos para un emprendedor: posibles subvencións, o uso das TIC, a formación básica necesaria e o financiamento do proxecto.
Os detalles explícounos o concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, acompañado polas ponentes de Nordelaina, Leticia García, e do grupo Arestora, María Pazó, na presentación das Xornadas.