Un ano máis celebramos a Mostra Internacional da Camelia en Cambados, este ano xa na terceira edición.
O Concello de Cambados, a Asociación Ibérica da Camelia e a Asociación Zona Centro de Cambados, convidámosvos a todos/as a participar e visitar os días 23 e 24 de marzo o salón de congresos José Peña para promocionar esta flor. Esperámosvos e desexamos que gocedes desta bela flor na nosa vila.
Sábado23 de marzo:
09:00: apertura do Salón de Congresos e Exposicións José Peña para a colocación da flor polos expositores
13:30: finalización do prazo de colocación da flor para os participantes
14:00: inauguración da III Mostra Internacional da Camelia. Entrega de agasallos
14:40: xantar
16:30: apertura
17:00: obradoiro “mosaico feito em cacos”, creación dunha camelia coa arte dos mosaicos polo Mestre Antonio Soares. Prazas limitadas a 12 persoas (a partir de 8 anos). Inscricións no teléfono 667 41 51 64 (José María). Prezo: 10€
17:00: visita guiada ao pazo de Fefiñáns para expositores
Domingo 24 de marzo:
10:30: apertura
13:30: no parador de turismo de Cambados, entrega da “Camelia de Ouro Cidade de Cambados” ao ganador/a deste ano. Tamén se fará entrega de outras distincións, premios e agasallos. A entrega de premios será realizada por diferentes autoridades.
16:30: apertura do salón ao público
20:00: clausura da III Mostra Internacioal da Camelia