O Domingo 30 de abril terá lugar, a partir das 17:00 da tarde a Andaina solidaria na loita contra a leucemia, totalmente gratuíta, aberta a tódolos públicos e idades (socios ou non) na que se obsequiará ao final do percorrido con auga e froita a todo aquel que participe. Tamén haberá un photocall.
A saída será no campo de fútbol Beiramar, cun percorrido polo sendeiro do complexo intermareal do Umia en Castrelo (Ansuíña/Saíñas/Con de Xido/Correlo/Con Redondo e volta)
A andaina estará adicada a Martín Padín Casal, e contará coa presenza do actor Carlos Blanco apadriñando o acto.