IIª SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE CAMBADOS 2015

O vindeiro xoves 31 de decembro terá lugar, tras o éxito acadado o ano pasado, a IIª San Silvestre Solidaria de Cambados, organizada polo Club de Atletismo de Cambados.

A partir das 16.30 horas, na Praza do Concello, están proxectadas unha serie de probas organizadas por categorías. O obxectivo fundamental será divertirse a través do deporte, apoiando a Cáritas de Cambados  coa doazón dun kilo de comida non perecedoira por participante.

A xornada comezará coas probas infantís, que se dividirán en  tres categorías:

 Ás 16.40 horas será a Chupete San Silvestre, para nenos e nenas de 3 a 7 anos (cumpridos no día 31 de decembro de 2015), cun percorrido de 100 metros pola Avenida de Galicia.

 A continuación darase paso á Mini San Silvestre para nenos e nenas de 8 a 10 anos (cumpridos no día 31 de decembro de 2015), cun percorrido de 400 m. polo centro urbano.

 Finalizarase ás 17.00 horas coa San Silvestre Promesas para rapaces e rapazas de 11-13 anos (cumpridos no día 31 de decembro de 2015), cun percorrido de 800 m. polo centro urbano.

Proba Absoluta estará aberta a todos os atletas que teñan cumpridos os 14 anos de idade no día da proba (nados no 2001 e anteriores) e terá lugar a partir das 17.30 horas.

Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que

estean inscritas, nos prazos establecidos, e cumpran as condicións de participación.

Os interesados en participar nas probas poderán inscribirse na páxina web http://www.prueba-t.es/index.php/inscripciones?view=project&id=2%3Aii-san-silvestre-solidaria-cambados ata o martes 29 de decembro de 2015 ás 24.00 horas. A inscrición será GRATUÍTA para as categorías infantíe terá un custo de 1 para a categoria absoluta. Ademais haberá un inchable con monitor, sorteos, premios para os que acudan disfrazados e para os primeiros clasificados e ao rematar a carreira chocolate con rosca para todos.

Dende a organización animan a todos os veciños a sumarse a esta iniciativa. O público en xeral tamén poderá achegarse para doar 1 Kg de produtos alimenticios non perecedoiros ou produtos de limpeza e de hixiene persoal, que serán entregados a Cáritas de Cambados.

Máis información no Facebook do Club de  Atletismo Cambados: https://www.facebook.com/events/1661424350780524/ ou no correo atletismocambados@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.