II Mostra Internacional da Camelia

II Mostra Internacional da Camelia

Un ano máis celebramos a Mostra Internacional da Camelia en Cambados, este ano xa na segunda edición.

O Concello de Cambados, a Asociación Ibérica da Camelia e a Asociación Zona Centro de Cambados, convidámosvos a todos/as a participar e visitar os días 3 e 4 de marzo o Salón de Congresos José Peña para promocionar esta flor. Esperámosvos e desexamos que gocedes desta bela flor na nosa vila.

 

Sábado 4 de marzo

09:00 h – Apertura do Salón de Congresos e Exposicións José Peña para a colocación da flor polos expositores.

13:30 h – Finalización do prazo de colocación da flor para os participantes. Animación co grupo de gaitas “CON DE XIDO”.

14:00 h – Inauguración da II Mostra Internacional da Camelia. Entrega de agasallos.

14:40 h – Xantar.

16:30 h – Apertura.

17:00 h – Obradoiro “Mosacco feito em cacos”, creación dunha camelia coa arte dos mosaicos polo mestre Antonio Soares. Prazas limitadas a 12 persoas (a partir de 8 anos). Inscricións no teléfono 667 41 51 64 (José María). Prezo: 10€.

17:00 h – Obradoiro “Camelias feiticeiras”. Creación e realización dunhas camelias en diferentes formatos coa arte do papel e pintura, realizado e impartido pola mestra Carla Carro Lago. Prazas 12 (a partir de 8 anos). Inscricións Telf 667 41 51 64. Prezo 7€.

 

Domingo 5 de marzo

10:30 h – Apertura.

11:00 h – Visita guiada de Guimatur. Saída dende as escalinatas do Pazo de Montesacro (asilo). Duración 1 hora.

13:30 h – No Parador de Turismo de Cambados, entrega da “Camelia de Ouro Cidade de Cambados” ao gañador/a deste ano. Tamén se fará entrega de outras distincións, premios e agasallos. A entrega de premios estará presidida pola Alcaldesa de Cambados, pola Presidenta da Deputación de Pontevedra e por outras autoridades.

16:30 h – Apertura do salón ao público.

20:30 h . Clausura da II Mostra Internacional da Camelia.