I XINKANA FOTOGRÁFICA LITERARIA

I XINKANA FOTOGRÁFICA LITERARIA

Dende a Concellería de Ensino, Patrimonio e Cultura do Concello de Cambados, o seu responsable Victor Caamaño presenta a programación de actividades lúdicas que este verán terán lugar na biblioteca municipal Casa dos Fraga e nos centros culturais.

O obxectivo das mesmas é axudar ás familias cambadesas na conciliación da vida familiar e laboral, ofertando á vez, propostas divertidas e didácticas para os rapaces durante as vacacións de xullo e agosto.

A biblioteca municipal Casa dos Fraga, xunto coas axencias de lectura das parroquias, ofertará un nutrido abano de obradoiros e xogos polas mañás, de 10.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para nenos a partir de primeiro de primaria.

En todos os centros realizarase a actividade “EnREDamos cos ordenadores”  para que os nenos se divirtan á vez que amplían os seus coñecementos na informática, a internet e a mecanografía. Haberá tempo tamén para o apoio escolar con “Repasamos no verán” e “ L-emos!” un obradoiro para dinamizar a lectura en papel e coas novas tecnoloxías para lectores principiantes, todavía coa “L” ás costas.

Na Casa dos Fraga realizaranse obradoiros gratuítos de línguas (inglés e francés). Ademais, e de cara a ampliar a oferta, poderán ter a opción de inscribirse en talleres de pago (cun pequeno custo) que se manteñen dada a boa acollida dos últimos anos.

-O de Xadrez, os luns na Casa dos Fraga.

-E un de cociña, con receitas baseadas nos contos que leva por nome “Pequechefs de conto!”, que se realizará na aula de catas do Salón de J. Peña durante os martes de xullo e agosto.

Ademáis ofertaranse as seguintes actividades subvencionadas grazas ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia:

Xincana fotográfica de Ramón Cabanillas os venres 3 e 10 de xullo para fotografar a pegada do bardo de Fefiñans na vila cambadesa.

Contacontos “Moito conto” de Cucarandainas, o venres 17 de xullo en Torrado.

Obradoiro de Debuxo Manga, o 24 de xullo, para descubrir a banda deseñada nipona.

Este ano, tamén se volverá a colaborar co Refuxio de Animais que realizarán dúas actividades cos rapaces os xoves:

A patrulla ambiental polas rúas de Cambados

-E un taller de animación á lectura con cans que leva por nome “Guau que contos!”

As inscricións para estas actividades iniciáronse xa o luns 22 de xuño pero todavía hai algunas prazas dispoñibles. Os interesados poden achegarse polas mañás á Casa dos Fraga en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, e a partir do 1 de xullo nos respectivos centros culturais.

Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986 520 008, ou no 986 520 902 ext. 764 e 765.