I PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE

I PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha a primeira convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude, co ánimo de promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia.

As modalidades de participación son as seguintes: iniciativa social, iniciativa empresarial, blogs, educación en valores, traballo musical, traballo literario breve e fotografía orixinal.

As obras presentaranse tal e como se recolle nas bases e co anexo I entregarase a seguinte documentación, segundo a categoría á que se opte:

1. Iniciativa social ou iniciativa empresarial

–  A descrición da iniciativa na que consten, como mínimo, o nome da entidade ou empresa, a data de creación, a actividade, o número de persoas traballadoras cos seus perfís profesionais, así coma os produtos e/ou os servizos ofertados

–  A memoria de execución

–  Se é o caso, poderase acompañar de soportes coma fotografías ou recortes de prensa

A extensión máxima da descrición e as características será de cinco (5) páxinas, a unha soa cara.

Calquera información ou documentación achegarase tamén en soporte dixital (nun CD ou nunha memoria USB).

2. Blogs

–  A descrición do blog na que consten, como mínimo, o nome do blog, o enderezo de acceso, a data de creación, a data da primeira publicación, o número de publicacións, o idioma, o obxectivo co que se creou, as ferramentas utilizadas para a súa creación e a descrición dos contidos

–  Se é o caso, poderase acompañar de soportes coma fotografías ou recortes de prensa

A extensión máxima da descrición e as características será de dúas (2) páxinas, a unha soa cara.

Calquera información ou documentación entregarase en papel e tamén en soporte dixital (nun CD ou nunha memoria USB).

3. Educación en valores

–  A descrición da iniciativa na que consten, como mínimo, o nome da iniciativa, o nome do centro educativo, a data de inicio e de fin; o número de alumnas e alumnos implicados, de quen se indicará o curso, a idade e o sexo; o número de docentes que participan, de quen se sinalará a área educativa e o curso no que imparten a materia; a descrición, os obxectivos e os resultados obtidos

–  Se é o caso, poderase acompañar dunha relación de soportes coma fotografías, recortes de prensa, documentos, DVD etc.

A extensión máxima da descrición e as características será de dez (10) páxinas, a unha soa cara.

Calquera información ou documentación deberase presentar en papel e tamén en soporte dixital (nun CD ou nunha memoria USB).

4. Traballo musical

–  Os temas musicais en formato dixital (CD ou memoria USB). Na presentación indicarase unicamente o nome da canción e, se corresponde, a persoa solista ou o grupo, a data de creación, os instrumentos musicais empregados e o estilo musical

–  A letra de cada canción, que estará debidamente mecanografada

Poderá presentarse un único tema, instrumental ou con letra (en calquera idioma), cunha duración mínima dun minuto e máxima de cinco.

A documentación achegarase en soporte papel e tamén en formato dixital (CD ou memoria USB).

5. Traballo literario breve

–  A obra deberá estar debidamente mecanografada e terá unha extensión mínima de dúas (2) páxinas e máxima de cinco (5), con formato A4. A letra será Times New Roman de tamaño 12, o entreliñado de 1,5 e as marxes (superior, inferior, dereita e esquerda) de 2 cm

–  As páxinas deberán estar numeradas e na primeira delas deberán figurar o título do traballo e a data de creación

–  Poderá ser un relato, un poema, un conto etc.

Entregarase en papel (sen grampar nin encadernar) e tamén en formato dixital unicamente rotulado co nome da obra (nun CD ou nunha memoria USB).

6. Fotografía

–  Unha fotografía de temática libre, a cor ou en branco e negro, sen composicións nin montaxes

–  A ficha técnica da fotografía deberá contar, como mínimo, co título, o ano de realización, a técnica empregada e as dimensións orixinais

–  A obra entregarase en papel (sen ningún tipo de soporte nin de protección, ben sexa de cristal ou plástico, e no reverso unicamente aparecerá o nome da fotografía), e tamén en formato dixital (rotulado unicamente no exterior o nome da fotografía)

A fotografía presentarase en tamaño 15 x 20 cm.

Nas categorías 4, 5 e 6, as obras, a descrición e a documentación que as acompañe non poderán conter, en ningún caso, datos ou imaxes que permitan identificar a súa autoría. Estes datos irán nun sobre pechado xunto co anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir da publicación do extracto desta convocatoria no BOPPO

Podes consultar as bases neste enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.