I MOSTRA INTERNACIONAL DA CAMELIA, O 11 E 12 DE MARZO NO SALÓN PEÑA

I MOSTRA INTERNACIONAL DA CAMELIA, O 11 E 12 DE MARZO NO SALÓN PEÑA

Por segundo ano, no Concello de Cambados celebramos a Mostra da Camelia e, nesta edición, como un evento internacional. Nesta ocasión, entregarase a distinción de “Cambados Cidade Camelia de Ouro”.

O Concello de Cambados e a Asociación Ibérica da Camelia, como organizadores, temos o desexo de divulgar e promocionar esta flor pola súa beleza, pero tamén por tóda as posibilidades económicas, comerciais e culturais que proporciona esta emblemática especie botánica.

Ademáis este ano contaremos coa presenza de representantes da vila portuguesa de Celorico de Basto; pobo de gran tradición en certames da camelia. O obxectivo deste irmandamento é achegar a cultura, tradición e costumes de ámbos os dous pobos a través da camelia.

Rematamos convidándovos a todos e todas vós, a participar os vindeiros 11e 12 de marzo na celebración da I Mostra Internacional da Camelia en Cambados.

 

Sábado 11 de marzo

09:00 h. Apertura do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña para colocación da flor.

13:00 h. Finalización do prazo de colocación da flor para o concurso. Concerto en directo de Iria Mejuto; “Un paseo pola música negra”.

14:00 h. Inauguración da I Mostra Internacional da Camelia en Cambados, coa entrega de agasallos aos expositores.

14:30 h. Xantar oficial.

16:00 h. Apertura da mostra ó público.

17:00 h. Visita turística dos expositores por Cambados.

Obradoiro, “Mosaico feito em Cacos”; creación dunha camelia coa arte dos mosaicos, impartido polo mestre Antonio Soares. Prazas limitadas a 12 persoas (a partir dos 8 anos). Inscricións na biblioteca municipal Luís Rei (ata o 9 de marzo) 986 520 008 ou no teléfono 667 415 164 (José María). Prezo 15 euros.

17:30 h. Contacontos. “Dada o duende”; o trasno Dada mergullará ós máis pequenos no mundo máxico dos contos e a través deles aprenderán os valores da convivencia, hábitos de lectura e de igualdade (divertida forma de fomentar a lectura a través dos contos). Entrada de balde ata completar aforamento.

20:00 h. Peche do Salón.

 

Domingo 12 de marzo

10:00 h. Apertura.

Continuación do obradoiro de “Mosaicos feito em Cacos” no primeiro andar do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña. Remate da actividade ás 11:30 h.

10:00 h. Obradoiro de “Esmaltado dunha Camelia”*. Realización e creación dunha camelia personalizada. Impartido por Pilar Blanco, pedagoga e xoieira. Prazas limitadas a 12 persoas (a partir dos 8 anos). Inscricións na biblioteca 986 520 008 ou no teléfono 667 415 164 (José María). Prezo 10 euros

*(este obradoiro impartiuse o ano pasado e as persoas interesadas en volver a realizalo terán outro formato de camelia)

12:00 h. Obradoiro “Os catro tesouros”. Marabilloso obradoiro que nos achega a cultura chinesa. Oportunidade de aprender e descubrir cos catro tesouros e de maneira divertida, esta arte milenaria. Prazas limitadas entre 20-25 persoas máximo. Gratuito a partir dos 12 anos. Inscricións na biblioteca 986 520 008 ou no teléfono 667415164 (José María)

12:45 h. No Parador de Turismo de Cambados, entrega da distinción “Cambados Cidade Camelia de Ouro” ao gañador deste ano 2017. Ademáis farase a entrega doutros galardóns aos seus respectivos gañadores.

14:00 h. Peche.

16:00 h. Apertura do Salón ó público.

20:00 h. Clausura da I Mostra Internacional da Camelia en Cambados na edición 2017.