I ENCONTRO DE MULLERES DO MAR DE AROUSA

I ENCONTRO DE MULLERES DO MAR DE AROUSA

Dende o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa, dado a demanda detectada no territorio, quéreseimpulsar un proceso de constitución dunha asociación de mulleres do mar que reúna ás iniciativas lideradas por mulleres ou con presenza delas vinculadas ao sector (mariscadoras, redeiras, armadoras, mariñeiras…).Trátase de activar un lugar de encontro que englobe ao conxunto de iniciativas de mulleres do mar de Arousa, para reforzar, visibilizar e empoderar o seupapel no territorio e abordar satisfactoriamente as problemáticas das mulleres profesionais do sector pesqueiro.

Neste primeiro Encontro de Mulleres do Mar de Arousa, preténdese abrir un proceso de reflexión respecto da viabilidade de creación da asociación. Este encontro enmárcase nun programa de traballo que pretenderá ter como finalidade a creación dun proxecto asociativo, para o que antes se quere cuantificar o interese en formar parte do mesmo.

Esta actividade alíñase cos obxectivos transversais do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, pretendendo reforzar a igualdade e a relevancia das mulleres no conxunto de actividades relacionadas coa actividade marítimo e pesqueira.

Por todo isto, queremos convidar á vosa asociación ou entidade a particicipar nesta xuntanza , que celebra a súa primeira reunión o xoves 7 de xullo ás 18:30H na sede do GALP, Avda. Rodríguez de Mendoza s/nº Edificio FEXDEGA en Vilagarcía.  A hora de finalización prevista é as 20:00H.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.