I CONGRESO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DE CAMBADOS

I CONGRESO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DE CAMBADOS

Desde a Concellería de Cultura do Concello de Cambados e ao abeiro da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, queremos convidarvos a participar no I Congreso de Normalización Lingüística do Concello de Cambados, baixo o incipit O ensino de linguas minorizadas na Sociedade da Información, visto desde a perspectiva galega e da diversidade; que se celebrará o vindeiro sábado 3 de setembro de 2016.

Participarán como relatoras e relatores: María Teresa Aragunde (IES Ramón Cabanillas); Ramón Blanco Fernández (IES Francisco Asorey); Séchu Sende (IES Marco do Camballón); María López Sande (IES Xulián Magariños); Xoán Paulo Rodríguez Yáñez (Uvigo), Juan Carlos Moreno Cabrera (UAM), entre outrxs. Así, varixs docentes de Educación Secundaria Obrigatoria, Sociolingüistas e Escritorxs falarannos da importancia do bilingüismo tamén en linguas minorizadas coma o galego; de como traballar a Conciencia Lingüística (Language Awareness) dentro e fóra da aula, adaptándose á Sociedade da Información. Amais, o Lingüista e catedrático da Universidade Autónoma de Madrid, Juan Carlos Moreno Cabrera, debullará o tema do supremacismo lingüístico en relación ao bilingüismo.

Este Congreso está inserido dentro do programa de Dinamización Lingüística Diver-diversidade en Cambados que se levará a cabo nas fins de semana do mes de setembro e que inclúe música, teatro ou contacontos arredor da lingua galega e prestando atención ás diferentes linguas que conviven neste Concello para así promover o respecto polo plurilingüismo e pluriculturalismo.


Descargar: Congreso de Normalización Lingüística.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.