GOLF SEMANA DE OURO DO ALBARIÑO

O Campo de Golf de Meis celebra a III  Semana de Ouro do Albariño Concello de Cambados do 22 ao 28 de xullo.

Este torneo será patrocinado polas adegas Pazo Señoráns, Lagar de Pintos, Paco&Lola, Terras de Asorei e Martin Códax.

O campionato constará de cinco probas clasificatorias e unha gran final que se disputará o domingo 28 de xullo.

A proba foi presentada nunha rolda de prensa  pola Alcaldesa Fátima Abal, os organizadores do torneo, o xerente do Campo de Golf de Meis e a concelleira de deportes de Meis María Sancho.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.