RECETARIO ZAMBURIÑAS

Revolto de Zamburiñas e algas

Ingredientes:
  • 16 zamburiñas
  • 300 grs. de algas das Costas Galegas (en conserva)
  • ½ cebola
  • 2 rebandas de pan artesán
  • 6 ovos
  • 2 limóns
Preparación

Limpar ben as zamburiñas separando a cuncha da vianda e intentando que esta non se dane, eliminar as vísceras e pasar por abundante auga e limón.

Picar ben a cebola e facela nunha tixola mediana ata que estea dourada, incorporar as zamburiñas e unha vez que solten toda a auga, retirala da tixola a lume vivo e non parar de darlle voltas ata que o revolto estea callado e substancioso. Noutra tixola con abundante aceite quente fritir as rebandas de pan artesán ata que estean douradas. Dispoñer o revolto no prato en forma piramidal, colocando as 2 rebandas nun lateral.

Zamburiñas á Prancha

Ingredientes:
  • 500 g. de rabada
  • 6 vieiras
  • 4 anaquiños de chile
  • 500 g. acelga
  • 4 culleradas de aceite de oliva
  • Fariña
  • Sal
  • Caldo de peixe
  • Porro
  • Cebola
Preparación

Pícase o allo e o pirixel, engádese sal e un chorriño de aceite con zume de limón. Faise un rustrido a lume lento.

Poranse as zamburiñas na prancha e cando empecen a abrir retirarase unha das cunchas de cada zamburiña.

Posteriormente engádese unha cullerada da salsa e máis tarde retirase e sérvese.

Cazola de zamburiñas

Ingredientes:
  • Zamburiñas
  • Aceite
  • Fariña
  • Caldo de peixe
  • Limón
Preparación

Ábrense as zamburiñas ao vapor e límpanse.

Frítense un pouco rebozadas en fariña e logo bótanse na cazola xa quente cun chorriño de aceite e engádeselle un pouquiño de caldo de peixe e limón.

Zamburiñas Salteadas

Ingredientes:
  • 6 zamburiñas
  • 1 pataca cocida
  • 200 grs. de espárragos brancos, cocidos e limpos
  • 100 grs. de espárragos trigueiros, cocidos e limpos
  • Aceite de oliva
  • 4 olivas negras
  • Sal
  • 2 rebandas de xamón ibérico
Preparación

Cocer a pataca e facer unha crema coa mesma. Limpar as zamburiñas, saltealas e reservar. Cocer os dous tipos de espárragos en caldo de ave e cortalos en dadiños. Cortar o xamón en dadiños e saltealo.

Presentación

Facer unha base da crema de pataca e colocar enriba as zamburiñas. Sobre as zamburiñas colócase un pouquiño de ensalada de espárragos e xamón. Aliñar con aceite de oliva e vinagre de Módena.

Zamburiñas ao tolo

Ingredientes:
  • Aceite de oliva
  • Aceite de xirasol
  • Allo
  • Cebola
  • Pementón doce e picante
  • Loureiro
  • 1 kg. de zamburiñas
Preparación

Nunha tixola dóurase a cebola con ambos os dous aceites e co allo.

Engádese un pouco de pemento doce e picante e loureiro. Faise un rustrido e déixase arrefriar.

Engádense as zamburiñas previamente cociñadas. Desta forma estará listo para servir.

Top

CAMBADOS, CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017