RECETARIO VIEIRAS

Rabada con vieiras e chile

Ingredientes:
  • 500 g. de rabada
  • 6 vieiras
  • 4 anaquiños de chile
  • 500 g. acelga
  • 4 culleradas de aceite de oliva
  • Fariña
  • Sal
  • Caldo de peixe
  • Porro
  • Cebola
Preparación

Poñer nunha tarteira o aceite de oliva co porro e a cebola picados. Cortar a rabada en toros, salpementar e enfariñar.

Agregar a rabada á tarteira, movéndoa para que non se pegue. Agregar as vieiras, o chile, o caldo de peixe e deixar cocer 5 minutos.

Cocer as acelgas, escorrelas e saltealas. Poñer a rabada no centro do prato cas vieiras arredor, colocar as acelgas e regar coa salsa.

Arroz con vieiras

Ingredientes:
  • 4 cuncas de arroz
  • 8 vieiras
  • 1 pemento vermello en anacos
  • 2 tomates maduros
  • 1 cebola
  • Pirixel
  • Aceite de oliva
  • Auga
  • Sal, pementa e tomiño.
Preparación

Facer un refrito ca cebola (previamente picada), o tomate, o pirixel e o pemento vermello en cachiños. Verter esta mestura nunha ola de barro con auga e deixar que ferva.

Botar o arroz, deixar que ferva 15 minutos aproximadamente e salpementar. A continuación engadir as vieiras e continuar a cocción 5 minutos máis.

Se queremos converter esta receita nun prato máis completo podemos engadir ao arroz algún marisco máis como unhas zamburiñas ou unhas gambas peladas.

Vieiras ao estilo "Casa Rosita"

Ingredientes:
  • Vieiras
  • Cebola picada
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementón doce
  • Coñac
  • Pan relado
Preparación

Límpanse ben as vieiras retirando todas as vísceras. Faise un refrito cos ingredientes.

As vieiras pásanse por fariña e refóganse  a fogo vivo. Cada vieira colócase nunha cuncha, cúbrese co refrito e  co pan relado.

Por último gratínanse a forno medio 20 minutos.

Empanada de vieiras

Ingredientes:
  • Vieiras
  • Cebola
  • Pirixel
  • Aceite
  • Sal
  • Fariña
  • Fermento
  • Ovo
Preparación

Preparamos a masa de empanada con fariña, sal, fermento, ovo e auga.

Amasamos ata que a masa estea ligada. Preparamos o condimento nunha paelleira, con aceite, cebola, pirixel, sal e as vieiras.

Estiramos a masa cun rolo de cociña, vertemos o preparado sobre a primera capa e tapamos coa segunda capa. Ao forno a 150º durante 45 minutos.

 

Vieiras ao forno

Ingredientes:
  • Vieiras
  • Cebola picada
  • Sal
  • Pementa
  • Pemento morrón
  • Zume de limón
Preparación

Nun recipiente vertemos un pouco de aceite de oliva 0,4º.

Bátese todo ben, cúbrese cada vieira limpa cun pouco de pan relado.

Métese ao forno a 150º uns 30 minutos aproximadamente.

Vieiras ao albariño

Ingredientes:
  • Vieiras
  • Allo
  • Cebola
  • Pirixel
  • Pementón doce
  • Xamón Serrano
  • Chorriño de Albariño
  • Sal
Preparación

Límpase o allo e a cebola e pásase pola picadora co pirixel e o sal. Dóurase un pouco a lume lento e engádeselle o pemento e o chorriño de Albariño.

Engádeselle unha cullerada sopeira a cada vieira e decórase cuns anaquiños de xamón serrano.

Pónse ao forno a 150º durante 10 minutos.

Vieiras ao Reboredo

Ingredientes:
  • 6 vieiras
  • 3 cebolas
  • 2 podallas de pirixel
  • 2 dentes de allo
  • ¼ l. de aceite de oliva
  • 1 culleriña de pemento doce
  • Pan relado
  • Sal
Preparación

Engadimos ás vieiras todos os condimentos ben picadiños, o aceite, o pemento doce, o pan relado e o sal.

Introdúcense no forno durante 15 minutos aproximadamente.

Ensalada morna de vieiras fritas con vinagreta de pementos

Ingredientes:
  • 3 vieiras
  • 50 g. ensalada
  • 50g. pementos vermello e verde
  • 25 g. cebola
  • 200 g. olivas negras
  • 100 g. fariña de millo
  • 1 lima
  • Sal
  • Aceite (0,4º y 1º)
  • Vinagre
Preparación

Para a vinagreta cortar os pementos e a cebola en dados pequeniños, botarlle aceite de oliva virxe, vinagre e sal.
Macerar as vieiras con zume de lima e sal durante 10 minutos, rebozalas en fariña de millo e fritir en aceite moi quente.

As olivas negras hai que picalas moi ben e deixalas secar varios días enriba do forno.

Colocar a ensalada no centro do prato, aliñala, poñerlle as vieiras aos lados, para enriba delas botar a vinagreta e un pouco polo prato. Por último cubrir coas olivas negras.

Ensalada morna de vieiras con vinagreta de tomate

Ingredientes:
  • 4 vieiras de bo tamaño
  • 300 g. de feixóns
  • 3 cenorias
  • 2 porros
  • 3 dls. de aceite virxe extra
  • 1dl. de vinagre de Xerez
  • 1 tomate maduro
Preparación

Lavar ben as vieiras, despoxándoas das vísceras.

Cortar os feixóns cun pelador en sentido lonxitudinal. Picar as cenorias e o porro finamente. Cocer todas estas verduriñas en auga con sal durante 6 minutos e posteriormente refrescalas en auga con xeo.

Marcar na prancha as vieiras unha vez salpementadas durante un minuto por cada lado.

Pelar, quitar as pebidas do tomate e picalo en taquiños, facelo en aceite e deixalo arrefriar e a continuación incorporar o aceite e o vinagre que se mesturarán cun batedor.

Dispoñer no centro do prato as verduriñas por capas nesta orde, a cenoria, os feixóns, o porro e arredor delas as vieiras.

Por último cubrir coa vinagreta.

Vieiras ao natural

Ingredientes:
  • Vieiras
  • Aceite
  • Sal
  • Zume de limón
  • Pan relado
Preparación

Ás vieiras limpas engádeselle un pouquiño de sal, un chorriño de aceite, unhas gotas de limón, un pouco de pan relado e ao forno a 150º durante 20-30 minutos.

Top

CAMBADOS, CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017