O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sorprendeu no ano 2012 cunha actividade de sensibilización novidosa e aberta á cidadanía galega a partir de 12 anos de idade, a primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’. O concurso, aberto desde o 15 de abril ata o 15 de novembro de 2012, sumou un total de 47 participantes.
O primeiro resultado do concurso foi a exposición que leva o mesmo nome, ‘Imaxes con Fondo’, deseñada polo coñecido debuxante Pepe Carreiro, e que está conformada pola compilación das 19 obras máis significativas entre as presentadas.
O segundo resultado foi a viaxe de case un mes a Cabo Verde por parte de Roberto Amado en outubro de 2013, como premio por gañar o concurso na súa categoría, esta exposición podese desfrutar no salón J. Peña dende hoxe ata o vindeiro 15 de xullo de 11:30 a 13:30 h.
Rober Amado foi nado en Ferrol en 1985. É Licenciado en Psicoloxía e fixo un Máster en Cooperación Internacional e outro en Reporteirismo. É fotógrafo e redactor multidisciplinar, tendo colaborado con diversos medios estatais como El País, La Vanguardia, La Voz de Galicia, El Temps ou Periodismo Humano. Un ano despois de gañar Imaxs con Fondo, no 2013 gañou o premio TIFLOS da ONCE na categoría ‘xornalismo dixital’.
Rober Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de cooperación con Cabo Verde. As súas instantáneas mesturan viaxes da vida diaria das persoas que se viron beneficiadas polos proxectos apoiados polo Fondo Galego, que no seu conxunto nos achegan á realidade do país.
Podes coñecer aquí o seu traballo: http://ramadophoto.wix.com/roberamado