FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE MARÍTIMO FICMAR

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE MARÍTIMO FICMAR

Esta fin de semana, o auditorio da Xuventude acolle o FICMAR, festival internacional de cine marítimo.

Este festival comezará o venres 15 ás 20:00 coa sesión de presentación do Cine Clube de Cambados. Intervirán o actor Ademar Silvoso, a co-directora do FICMAR Cruz Lopez e o concelleiro de Cultura Víctor Caamaño. Nesta primeira sesión será proxectado o filme UN FILM FALADO, de Manoel Oliveira (Portugal, 2003)

O sábado 16 será a sesión de presentación do FICMAR. Esta xornada será ás 20:00 e contará coa intervención da alcaldesa Fátima Abal, a cineasta e autora da obra “o cine en Cambados” Sabela Pillado, e o co-director do FICMAR Antón Mascato. Será proxectado o filme O ACOIRAZADO POTEMKIM, de Sergei Einsenstein (Unión Soviética, 1925).

Por último, o domingo 17 ás 19:00 está programada a sesión de clausura do FICMAR, coa intervención do concelleiro de Cultura Víctor Caamaño e o cineasta e presidente do xurado Xabier Marqués. Proxectarase o filme CADERNAS DA HISTORIA, de Vítor Gallego e Bruno Ordóñez (Galicia, 2014), e será presentado o tráiler de SISIFO CONFUSO (TRABALLOS E DÍAS DE FRANCISCO LEIRO), de Aser Álvarez (Galicia, 2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.