Este domingo celebrouse en Cambados a Festa da Bicicleta, unha edición marcada polas malas previsións meteorolóxicas pero na que non faltou participación.
Aproximadamente 800 persoas déronse cita para desafiar a unha climatoloxía que finalmente ofreceu unha tregua permitindo así completar un percorrido de aproximadamente 11 quilómetros que saíu ás 11 da mañá da Praza de Fefiñáns e percorreu varias rúas do centro, dirixíndose posteriormente cara Vilariño, A Modia, Corvillón e Tragove, para regresar posteriormente a Fefiñáns.
Ao remate da ruta cicloturística, fíxose entrega dos premios e sorteáronse cinco bicicletas.