Fátima Abal e Nava Castro asinan o convenio para o Albariño 2018

Fátima Abal e Nava Castro asinan o convenio para o Albariño 2018

A alcaldesa de Cambados Fátima Abal e a Directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, reuníronse na Delegación de Pontevedra coa presenza do Delegado Territorial, José Manuel Cores Tourís, para asinar o Convenio da Festa do Albariño 2018.

Cambados celebra a 66 edición da Festa do Albariño, Festa de Interese Turístico Nacional, a festa vitivinícola máis antiga de Galicia e a segunda de España. Así mesmo, Cambados, condecorada como Cidade Europea do Viño, cada ano se reafirma como vila enoturística por excelencia sendo tamén o primeiro concello de España que ten unha concellería adicada a este tema.

“Penso que é un dos valores fundamentais da nosa zona e que non só beneficia a nosa vila senón a toda a comarca” son palabras da alcaldesa Fátima Abal que recordou o remate dos trámites a distinción como Festa de Interese Turístico Internacional, conmemorando así que é a primeira festa gastronómica en Galicia recoñecida con ese galardón.

Nava Castro apuntou este encontro como a materialización do compromiso da Xunta con este concello pontevedrés e coa enogastronomía. Engadiu ademais “O Albariño é un perfecto exemplo para nós como festividade que facilita a internacionalización” e acordou aumentar o Convenio considerablemente para o ano grazas a esta nova distinción internacional que acadou o Concello de Cambados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.