FALAREDES: OS BOLECHAS VAN ÁS OLIMPÍADAS

Os Bolechas volven a FalaRedes para animar á cativada de 4 a 8 anos a expresarse en galego nun espectáculo participativo en que o público ten moito que dicir.

En efecto, os rapaces e rapazas asisitentes deberán axudar aos cinco irmáns máis famosos de Galicia a venceren ó seu antagonista Romualdo e deste xeito conseguiren o seu pase ás Olimpíadas de Río 2016. Todos preparados?

A actividadee terá continuidade a través das novas tecnoloxías, cun web interactivo e app para dispositivos móbiles.

Os Bolechas van ás Olimpíadas chegará a Cambados o vindeiro 21 de maio, ás 19:00 no Auditorio da Xuventude. A entrada será de balde ata completar o aforo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.