A viaxe realizarase o vindeiro xoves 4 de maio
A concellería de Terceira Idade do Concello de Cambados está a organizar unha excursión en autobús á cidade portuguesa de Guimaraes e a vila de Ponte de Lima para o xoves 4 de maio.
Ao igual que en ocasións anteriores, para poder inscribirse nesta excursión a Guimaraes e Ponte de Lima é necesario residir en Cambados (figurando no padrón de habitantes da vila cambadesa) e ter cumpridos os 60 anos.
O prazo de inscrición ábrese este martes 25 de abril e o lugar para facelo é o despacho de Consumo situado no primeiro andar da Casa do Concello de Cambados, a onde será preciso acudir co documento de identidade. Comprobarase que todas as persoas inscritas estean empadroadas no municipio.
A viaxe en autobús será financiada polo Concello, mentres que os excursionistas terán que facerse cargo do prezo da comida reservada xa nun restaurante próximo a Ponte de Lima. As persoas que se inscriban deberán deixar unha fianza de 10 euros para reservar a súa praza no autobús e no restaurante. A saída está prevista para as 8:45 da mañá dende a Estación de Autobuses de Cambados e a chegada de volta en Cambados será arredor das 20:30 horas da tarde. Os excursionistas cambadeses visitarán pola mañá a cidade de Guimaraes. Viaxarán logo cara ao Monte da Penha e comerán de camiño a Ponte de Lima, onde farán parada despois de xantar. Despois de visitar a vila máis antiga de Portugal emprenderán o regreso a Cambados