Con data 29/09/2020, asinouse o Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e este Concello de Cambados, para a dotación dun COMEDOR ESCOLAR NO CEIP SAN TOMÉ, que ascende a un total orzamento base de licitación de 120.000,00 €.
De conformidade co estipulado na cláusula terceira do citado Convenio, as achegas ao investimento son as que se desagregan seguidamente:
Total investimemento |
Achega Consellería Cultura E. U. |
Achega Municipal ao Convenio PC2018/2019_Anualidade 2019 |
120.000,00 |
60.000,00 |
60.000,00 (*) |
(*) A achega municipal financiarase con cargo á subvención outorgada pola Excma. Deputación Provincial |
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno e na Base 15 das Reguladoras da convocatoria do Plan Concellos 2018-2019.
En Cambados, 25 de xaneiro de 2021. A Alcaldesa Fátima Abal Roma.