Start: 27 Agosto, 2024
00:00
End: 27 Agosto, 2029
00:00

No día de hoxe ven de asinarse a Acta de recepción do “SUBMINISTRO LUMINARIAS VARIOS VIAIS DO CONCELLO PC2022 2024011298”, investimento que se atopa subvencionado ao 100% pola Excma. Deputación de Pontevedra, ao abeiro do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan +Provincia 2024).

O importe da subvención concedida para o indicado investimento é o seguinte:

Investimento

PC2022 2024011298

Orzamento € Subvención € Fondos Concello € Outras administracións €
SUBMINISTRO DE LUMINARIAS PARA VARIOS VIAIS DO CONCELLO 50.661,56 50.661,56 0,00 0,00

 

ADXUDICATARIA DO SUBMINISTRO:
Empresa Prezo s/IVE IVE € Prezo c/IVE € Baixa €
INSATEL INSTALACIONES, S.L. 25.500,00 5.355,00 30.855,00 19.806,56
ELEMENTOS SUBMINISTRADOS:
Descrición dos elementos subministrados. Unidades subministradas
Capitulo 01 Sección Tipo VLL-CTR

ROYALTY Series S2 – 40W – Lente T2M1 – 3000K – IRC70 – 220-240 V PRG. DALI ZH/24.

Tapa lis – SPD 20 kV (IP) – Clase I –  RAL 9005 – Tratamento 250 h AISI 304 (VILL-CTR)

35
Capitulo 01 Sección Tipo VLL-CTR

Brazo Villa fundición aluminio negro L:250mm. Soporte fachada modelo Villa 300mm. Fabricado en fundición de aluminio a cabado pintado RAL 9005, con escudo de Cambados.

35
Capitulo 02 Sección Tipo Vial-01. Subministro luminaria Vial-01 (60W).

TESLA Series PRO(S1) – 60W – Lente T2M1 – 3000K – IRC70 – 100_277 V AC PR – Tapa Lisa. SPD 10 kV – Clase I/II –  RAL 7010 – Tratamento 250 h AISI 304 (Vial-01)

112
Capitulo 03 Sección Tipo Vial-02. Subministro luminaria Vial-02 (40W)

TESLA Series PRO(S1) – 40W – Lente T3L1 – 3000K – IRC70 – 100_277 V AC PR – Tapa Lisa. SPD 10 kV – Clase II –  RAL 7010 – Tratamento 250 h AISI 304 (Vial-02)

45

As luminarias subministradas están a ser instaladas no lugares que se indican de seguido:

– Estrada cemiterio de Fefiñáns a Oubiña.

– Río da Ucha – Corvillón.

– Rúa Infantas e Rúa Rollo.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 8 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e na Base décimo oitava das Reguladoras do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Máis Provincia 2024).

En Cambados, 27 de agosto de 2024. O Concelleiro de Obras e Servizos, D. José Ramón Abal Varela.

 

Fees & Tickets
Free
$0,00