Con data 05/06/2024 procedeuse a recepción da Plataforma de Comunicación Cidadá no marco do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cambados, para desenvolver as actuacións destinadas á transformación dixital e modernización das entidades locais incluídas nas liñas estratéxicas da orde ter/836/2022, compoñente 11, investimento 3, enmarcado no plan de recuperación, transformación e resiliencia, expte. 2023059145, dentro do proxecto denominado “plataforma de comunicación e xestión de incidencias nos concellos”, liña 1, do ministerio de política territorial e memoria democrática, financiado por fondos nextgenerationeu. (cód. convenio 2023000190).
Descrición do ben e valoración económica:
Ud. |
Descrición |
Valor unitario s/IVE |
IVE (21%) |
Valor total (IVE engadido |
1 |
Plataforma comunicación cidadá |
1.644,29 € |
349,50 € |
2.013,79 € |
Datos do provedor, data de formalización da acta de recepción:
Provedor |
CIF Provedor |
Acta Recepción |
GREEN TAL, S.A. |
A62313788 |
05/06/2024 |
O que se fai público en cumprimento do establecido na Cláusula terceira do Convenio Marco, o artigo 8.1 b) Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e o artigo 4.1 d) e 4.2 da citada Orde TER/836/2022, do 29 de agosto.
Cambados, 25 de outubro de 2024. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.