Nestes días veñen de rematarse as obras de “ACTUACIÓNS SOBRE CAMIÑOS MUNICIPAIS: A VEIGA, REFOXOS E SARTAXES”, incluídas no Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural – AGADER.
As obras foron levadas a cabo pola empresa “NAROM, S.L.”, polo prezo de 43.995,62 € (Ive engadido), cunha baixa sobre o prezo de licitación de 6.825,25 €.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.
En Cambados, 26 de xuño de 2018. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.