Con data 25 de xuño de 2024 recibíronse as obras de “RESTAURACIÓN DUN TRAMO DO MURO SUR DA BIBLIOTECA MUNICIPAL LUIS REI”, que consistiron basicamente na restauración dun tramo do muro sur da leira histórica da biblioteca municipal “Luis Rei” (anteriormente casa Fraga), debido ao seu mal estado de conservación presentando patoloxías que afectaban á súa estabilidade con risco de colapso e polo tanto de derrube.
As principais patoloxías eran abombamentos pronunciados no trasdóus do muro, gretas e fisuras importantes en sentido vertical con desprazamento das pezas de cachotería, por empuxe da terra que contén, falta de elementos de drenaxe e pola acción das raíces dunha árbore de certo porte a escasa distancia do muro.
O muro perdera parte da súa verticalidade sobre todo a niveis superiores, o que comprometía a estabilidade do mesmo e a seguridade de persoas e vehículos que circulen pola zona.
O investimento conta cunha subvención da Excma. Deputación de Pontevedra outorgada ao abeiro das Bases de subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2023 e que se desagrega seguidamente:
Presuposto investimento
(Ive engadido) |
Nº Expte. | Subvención | Fondos
Municipais |
14.382,93 € | 2023029619 | 14.382,93 € | 0.00 |
DESGLOSE DO ORZAMENTO ACTUACIÓN RESTAURACIÓN MURO | ||
A) FASE DE PROXECTO E HONORARIOS TÉCNICOS | ||
Proxecto Técnico de Restauración (inclúe redacción de proxecto e dirección da obra) | 1.050,00 | |
Proxecto Patrimonial e Control Arqueolóxico (inclúe redacción proxecto, control en obra e informe valorativo final. | 1.600,00 | |
Total | 2.650,00 | |
21% IVE | 556,50 | |
Total orzamentos fase de proxectos e honorarios técnicos | 3.206,50 | |
B) FASE DE EXECUCIÓN DA ACTUACIÓN | ||
Execución material | 8.538,14 | |
13% Gastos xerais | 1.109,96 |
1.622,25 |
6% Beneficio industrial | 512,29 | |
Valor estimado | 10.160,39 | |
10 % IVE | 1.016,04 | |
Presuposto base de licitación | 11.176,43 | |
TOTAL ORZAMENTO DE ACTUACIÓN A)+B) | 14.382,93 |
As obras foron adxudicadas a:
ADXUDICATARIO | Prezo | Ive | Prezo | Baixa |
Ramón Barros Rey. | 9.957,18 | 995,72 | 10.952,90 | 223,53 |
O que se fai público en cumprimento do disposto pola Base décimo sétima das Reguladoras da subvención.
En Cambados, 27 de xuño de 2024. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.