Recentemente veñen de rematarse as obras de “MELLORA DOS CAMIÑOS RURAIS DE CAMBADOS: CAMIÑO EN FORNOS, CAMIÑO NA REVOLTA E CAMIÑO EN O RIVEIRO”, adxudicadas á empresa “MOVIMIENTO DE ÁRIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. (MARCONSA)”.
As citadas obras contan cunha subvención outorgada polo AGADER, ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2021 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023.
O orzamento presentado e aprobado, desagregado por conceptos, é o seguinte:
Proxecto |
Orzamento presentado |
Orzamento aceptado |
Mellora camiños rurais de Cambados: Camiños en Fornos, Revolta e Riveiro. |
47.573,17 |
42.078,52 |
Total proxectos de obra: |
47.573,17 |
42.078,52 |
Control de calidade: |
921,83 |
921,83 |
Total solicitude de axuda: |
48.495,00 |
43.000,35 |
Resolución de concesión da Directora Xeral do Agader, asinada en data 15/06/2022. |
As obras adxudicáronse polo prezo e melloras que se describen seguidamente:
MARCONSA, S.L. B36533537 |
Prezo s/IVE |
IVE |
Prezo c/IVE |
Baixa |
Mellora ofertada |
2.404,02 |
8.904,84 |
51.308,86 |
102,83 |
SI |
MELLORA 1: Mellora da capa de rodadura no tramo de terra do camiño da Revolta (Castrelo): Aportación de sub-base de zahorra cun espesor de 15 cm., tratamento superficial de 2 Kg/m² de ECR-2 e capa de pavimentado con asfalto en quente de D-12 cun espesor de 5 cm. totalmente rematado. |
|||
Descrición mellora a executar: – 15 cm. de base granular de zahorra artificial, medida unha vez extraída, transportada, estendida e perfilada con motoniveladora e compactada ata a densidade máxima esixida do 100% do Ensaio Proctor Normal ou do 96% do Ensaio Proctor Modificado. – Rega superficial con dotación de 2 Kg. de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda tipo 5/8, debidamente compactado. – Firme a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor, medido unha vez estendido e compactado. |
Uds. |
Prezo unitario |
Total |
CAMIÑO REVOLTA |
390 m² |
14,00 € |
5.460,00 € |
TOTAL MELLORA 1 |
5.460,00 € |
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno e no artigo 17 da Resolución do AGADER, do 29 de decembro de 2021 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 .
En Cambados, 21 de novembro de 2022. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.