Start: 27 Agosto, 2020
00:00
End: 27 Agosto, 2025
00:00

Pola empresa “CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA)” veñen de rematarse as obras “MELLORA DA CAPA DE RODADURA DE CAMIÑOS E VÍAS MUNICIPAIS”, incluídas no LOTE Nº 2, que comprendían o pavimentado dos viais seguintes:

1. Camiño Couto de Arriba EP9301.

2. Camiño Couto de Abaixo EP9301.

3. Camiño Xesteira EP9301.

4. Camiño Porto de Tragove.

5. Camiño Quintáns (Vilariño).

As mencionadas obras atopábanse financiadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018-2019).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno e na Base 15 das Reguladoras da convocatoria do Plan Concellos 2018-2019.

En Cambados, a 27 de agosto de 2020. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0.00