Nestas datas veñen de rematarse pola empresa “NAROM, S.L.“, as obras de “EXECUCIÓN DE ROTONDA ENTRE A RÚA POMBAL E A AVDA. DE A CORUÑA”, que ascenderon a:
Execución material |
27.112,34 |
13% Gastos xerais |
3.524,60 |
6% Beneficio industrial |
1.626,74 |
Valor estimado |
32.263,68 |
21% IVE |
6.775,37 |
Presuposto base de licitación |
39.039,05 |
As obras consistiron na realización dos traballos seguintes:
-
ACTUACIÓNS PREVIAS. Fresado mecánico do firme nos entronques da rúa, a demolición por medios mecánicos do firme con base de formigón e beirarrúa con loseta hidráulica, adoquín e lousa de pedra, o desmontaxe e retirada de mobiliario e traslado de farol ancorado ao pavimento, previa anulación de subministro eléctrico, con retirada de elementos de anclaxe a estrutura metálica, deixando a zona preparada para a execución da obra.
-
REDE DE PLUVIAIS. Adecuación da rede de pluviais coa adaptación dos sumidoiros existentes á calzada resultante.
-
REDE DE ALUMEADO. Adecuación da rede de alumeado coa adaptación da rede e a recolocación do punto de luz existente.
-
FIRMES. Para as zonas con firme estable prevese unha capa de rodadura realizada con mestura bituminosa en quente tipo AC16 SURF 50/70 S de 5 cm de espesor, posta a pé de obra, incluso po mineral de achega, rego de adherencia, cunha dotación de 1 kg/ m2., con EXECUCIÓN DE ROTONDA ENTRE RÚA POMBAL E AVDA. A CORUÑA, CAMBADOS, betún BC50/ 70, na zona de ampliación da rotonda constará con capa base de 20 cm Zahorra Artificial.
-
PAVIMENTOS. Subministro e recolocación na beirarrúa SUR da rotonda de pavimento de lousas de granito seleccionado de 60x 20 cm e 4 cm de espesor, acabado apomazado en caras vistas, coa formación base de pavimento peonil de formigón en masa HM-25, de 10 cm de espesor, con bordillo de pedra morena acabado apomazado, de dimensións 25×15 cm, con 30 cm de adoquín pegado ao bordillo. Subministro e colocación na beirarrúa NORTE da rotonda de pavimento de louseta hidráulica con bordillo de formigón, de dimensións 25×15 cm. Na isleta interior colocación de bordillo de formigón bicapa, de color gris, achaflanado, de 12 y 15 cm. de bases superior e inferior e con adoquín prefabricado de formigón bicapa en color gris e vermello, de forma rectangular de 12x12x7 cm.
-
SINALIZACIÓN. Marca viaria reflexiva bRanca de 15 cm, con pintura termoplástica reflectante E microesferas de vidro, con máquina autopropulsada, incluído barrido e premarcaxe. Pintura termoplástica en frío dos compoñentes, reflexiva, branca, en símbolos e frechas, realmente pintado, incluso barrido e premarcaxe sobre o pavimento, cunha dotación de pintura de 3 kg/ m2 e 0,6 kg/ m2 de microesferas de vidro.Sinais redonda, cadrada e rectangular reflexiva e troquelada, incluso poste galvanizado de sustentación e cimentación, colocada.
O investimento foi financiado ao 100% pola Excma. Deputación de Pontevedra, con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020).
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno e na Base décimo oitava das Reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020).
En Cambados, a 21 de outubro de 2021. A Alcaldía.