DILIXENCIA
Na Oficina do Servizo de Contratación do Concello de Cambados, reúnense o día 25/10/2021, ás 11.00 horas, Mar Mondragón Treviño e Gema Pérez Santos, oficiais de administración, co fin levar a cabo o sorteo público para dirimir o empate producido entre as dúas ofertas económicas presentadas, para a realización dos traballos de “ANÁLITICAS E CONTROIS DO COMPOST PRODUCIDO PARA O PROXECTO DE BIORRESIDUOS DE CAMBADOS”, e que se describen seguidamente:
EUROFINS AGROAMBIENTAL, S.A. |
– Elementos NPK simples (Nitróxeno, Fósforo e Potasio). – Análise microbiolóxico: Escherichia coli e Salmonella |
1.089,00 € |
UNIVERSIDADE SANTIAGO COMPOSTELA |
– Elementos NPK simples (Nitróxeno, Fósforo e Potasio). – Análise microbiolóxico: Escherichia coli e Salmonella |
1.089,00 € |
ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO (*) |
– Elementos NPK simples (Nitróxeno, Fósforo e Potasio). |
271,20 € |
(*) A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, indica na súa oferta, que non realiza análises microbiolóxicos, polo que non se terá en conta ao non cumprir co totalidade do obxecto do contrato. |
A celebración do presente sorteo foi anunciado na páxina web do Concello e comunicado aos interesados, o pasado día 22/10/2021.
Seguidamente procédese a introducir nun recipiente as dúas papeletas que conteñen os nomes dos ofertantes (EUROFINS AGROAMBIENTAL, S.A. e UNIVERSIDADE SANTIAGO COMPOSTELA), para dirimir o empate e efectuar proposta de gasto a favor da que resulte seleccionada.
Realizada a extracción, resulta seleccionada a empresa EUROFINS AGROAMBIENTAL, S.A.
En Cambados, asinado electronicamente.