Por Decreto da Alcaldía 2024-0808, de data 08/05/2024, resolveuse o seguinte:
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Comparecendo no aplicativo de subvencións do AGADER, descargouse a notificación da Resolución de concesión de subvención (Expte. PM24-0087), asinada pola Directora Xeral, en data 07/05/2024, na que se comunica a concesión dunha axuda por importe de 48.923,00 €, para levar a cabo as obras/control de calidade do investimento denominado “MELLORA DA PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS RURAIS DE CAMBADOS AGADER 2024-2025: (Covas de Lobos – VILARIÑO e Revolta – CASTRELO) PM24-0087”, outorgada ao abeiro da RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto.
O orzamento presentado, aprobado e desagregado por conceptos é o seguinte:
Proxecto das obras |
Memoria-valorada Control Calidade |
|
Valor estimado |
47.598,00 |
1.325,00 |
21% IVE |
9.995,58 |
278,25 |
Presuposto base de licitación |
57.593,58 |
1.603,25 |
O importe da axuda distribuirase en dúas anualidades do xeito seguinte:
Importe asignado (Plan de Mellora) |
48.923,00 € |
|
Importe da Axuda Plan Mellora Camiños |
48.923,00 € |
|
Axuda Estudo Integral Rede viaria – Anexo II b) |
0,00 € |
|
TOTAL AXUDA |
48.923,00 € |
|
Distribución por fondos |
FEADER (75%) |
36.692,25 € |
MAPA (7,5%) |
3.669,22 € |
|
XUNTA (17,5)%) |
8.561,53 € |
|
Anualidades |
Anualidade 2024 (48,718%) |
Anualidade 2025 (51,282%) |
23.834,00 € |
25.089,00 € |
Polo exposto, en virtude das competencias atribuídas á Alcaldía polo artigo 21.1 s), da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local
RESOLVE:
1º.- Acepta-la axuda por importe de 48.923,00 €, concedida polo AGADER para levar a cabo as obras/control de calidade do investimento denominado “MELLORA DA PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS RURAIS DE CAMBADOS AGADER 2024-2025: (Covas de Lobos – VILARIÑO e Revolta – CASTRELO) PM24-0087”.
Prezo estimado € |
21% IVE € |
Orzamento base licitación € |
|
Obra |
47.598,00 |
9.995,58 |
57.593,58 |
Control calidade |
1.325,00 |
278,25 |
1.603,25 |
Total investimento |
48.923,00 |
10.273,83 |
59.196,83 |
IVE non subvencionable. |
FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO |
Axuda solicitada € (1) |
Fondos do Concello € (2) |
Total investimento € |
MELLORA DA PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS RURAIS DE CAMBADOS AGADER 2024-2025: (Covas de Lobos–VILARIÑO e Revolta-CASTRELO) |
48.923,00 |
10.273,83 |
59.196,83 |
(1) Obras + control de calidade |
(2) IVE das: obras + control calidade. |
2º.- O Concello farase cargo do imposto do IVE, ao non ser un gasto subvencionable de conformidade co establecido no artigo 5.4. b) da RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto.
3º.- O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2024 será o 16 de outubro de 2024. O prazo final de execución e xustificación será o 30 de maio de 2025.
4º.- Do presente acordo darase traslado aos Servizos de Intervención e Contratación aos efectos do seu coñecemento e tramitación dos preceptivos expedientes; e,
5º.- Da presente Resolución darase conta ao AGADER e ao Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre e publicitarase no Portal de Transparencia e na páxina WEB en cumprimento do establecido no artigo 18.8 da mencionada Resolución do 19 de decembro de 2023.
En Cambados, 9 de maio de 2024. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.