Por Decreto da Alcaldía 2025-2008, de data 04/12/2025, aceptouse a subvención concedida pola Xunta de Goberno da Excma. Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan +Provincia 2024) para o investimento seguinte:

Investimento 2025074081

+PROVINCIA 2024

Orzamento

Subvención

Achegas doutras administracións públicas

Fondos

Concello

ADECUACIÓN DA CUBERTA ACTUAL DO GRADERÍO DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE BURGÁNS.

90.796,68 €

90.796,68 €

0,00 €

0,00 €

O que se fai público en cumprimento polo disposto no artigo 8.1.c) da Lei 19/2013, de 9 de novembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno e na Base trixésimo terceira do citado Plan +Provincia 2024.

En Cambados, 15 de xaneiro de 2026. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.

 

Fees & Tickets
Free
$0,00