BDNS (Identif.): 623653.
Por Decreto da Alcaldía 2022-1519, de data 03/11/2022, acordouse aceptar unha subvención outorgada a este Concello por Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, publicada no D.O.G. nº 208, do 02/11/2022, pola que se concede a este Concello de Cambados a axuda solicitada para a Liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos, ao abeiro da ORDE do 28 de abril de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022.
A axuda concedida é a seguinte:
EXPEDIENTE |
SOLICITANTE |
LIÑA |
Axuda Total concedida |
||||
PPLL-043-2022-RES |
CONCELLO DE CAMBADOS |
LIÑA 2 – MELLORA PL |
79.764,30 € |
||||
% de cofinanciación |
Axuda concedida 2022 (€) |
Axuda concedida 2023 (€) |
Axuda concedida 2024 (€) |
Axuda concedida 2025 (€) |
|||
10,00 % |
4.725,00 € |
17.938,80 € |
55.525,50 € |
1.575,00 € |
O orzamento dos investimento e cronograma da memoria-valorada modificada, presentada e aprobada, para as obras de “MELLORA DAS CONDICIÓNS DO PUNTO LIMPO”, redactada polo Arquitecto Técnico Municipal, D. Pelayo Eyo Valladares, é o seguinte:
Nº |
Partidas |
Inversión |
Año 2022 |
Año 2023 |
Año 2024 |
Año 2025 |
1 |
Redacción Proxectos: – Cerre perimetral – Punto Verde |
4.500,00 |
||||
2 |
Formación para o persoal do punto limpo (preparación para a reutilización) |
750,00 |
||||
3 |
Cerre perimetral |
19.932,00 |
||||
4 |
Punto Verde |
61.695,00 |
||||
5 |
Elementos de información (carteis, paneis ou sinalización) |
1.750,00 |
||||
TOTAL GLOBAL |
88.627,00 |
|||||
IVE |
18.611,67 |
|||||
TOTAL CONTRATA |
107.238,67 |
O que se fai público en cumprimento do artigo 8 da Lei 9/2013, de transparencia, acceso á información e bo goberno e polo disposto no artigo 20 11), da Orde do 28 de abril de 2022, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
En Cambados, 3 de novembro de 2022. O Alcalde, Samuel Lago Ozón.