Con data 17 de xuño de 2025 ven de asinarse o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e este Concello de Cambados para a execución da actuación denominada “Proxecto de reforma e posta en valor de Pazo Torrado e xardíns”, no marco do plan provincia extraordinaria – plan extra, o custo total da actuación ascende a 791.976,61€ (IVE incluído) e o seu financiamento detállase na seguinte táboa:
SUBVENCIÓNS OUTORGADAS |
|||
Orzamento total |
Subvención outorgada Plan Provincia Extraordinaria Plan extra 2024076252 (75%) |
Achega municipal subvención outorgada +Provincia 2025 2025016997 (25%) |
Outras administracións |
791.976,61 € |
593.982,46 € |
197.994,15 € |
0,00 € |
Plan Provincia Extraordinaria_Plan Extra. BOPPO nº 206, 22/10/2024. BDNS(Identif.):791879. |
|||
Plan de Obras e Servizos de competencia municipal + Provincia 2025. BOPPO nº 2, 032/01/2025. BDNS(Identif.):806291. |
O que se fai público en cumprimento do disposto polo artigo 8.1. b) Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, pola Base décimo oitava das Reguladoras e convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria-Plan Extra; e, pola Base trixésimo terceira das Reguladoras do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal +Provincia 2025.
En Cambados, 19 de xuño de 2025. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.