Start: 8 Outubro, 2018
00:00
End: 9 Outubro, 2023
00:00

No día de hoxe, 8 de outubro de 2018, procedeuse a insertar na PLATAFORMA DE CONTRATOS DE GALICIA, anuncio de licitación das obras de MELLORA DOS CAMIÑOS RURAIS (CAMIÑO DE A PASTORA E CAMIÑO DE COUTO DE ABAIXO), incluidos no Plan de Mellora de Camiños do AGADER 2018-2019.

Na mencionada PLATAFORMA, no apartado de ÓRGANO DE CONTRATACIÓN, escribirán Concello de Cambados e premerán sobre o nome do presente contrato. No apartado DOCUMENTOS poderán descarga-los pregos, proxecto, anexos, etc.

A presentación de ofertas realizarase a mediante a “ferramenta de licitación electrónica” denominada SILEX, á que terán acceso a través do seguinte enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/SILEX.

Nesta páxina en AXUDA deberán descargar o “manual do usuario” onde figuran as instruccións da ferramenta de licitación SILEX que poderán descargala na “AREA DE DESCARGAS”.

Para calquera dúbida de tipo informático que se lles plantexe, poden chamar ao teléfono 881.995.300 ou ben ao Servizo de Contratación deste Concello ao teléfono 986.520.943 (marcar  #747).

O prazo de presentación das ofertas electrónicas rematará o vindeiro martes, día 23/10/2018, ás 14:00 horas.

DESCARGAR ANUNCIO DE LICITACIÓN INSERTADO NA PLATAFORMA DE CONTRATOS DE GALICIA

Cambados, 8 de outubro de 2018.
SERVIZO DE CONTRATACIÓN.

 

 

 

 

Fees & Tickets
Free
$0,00