Por medio da presente infórmase que se procede á licitación do contrato menor das obras de “CONSERVACIÓN DO PAZO DE TORRADO E SALA DA NAVE DE PEÑA“.
Tódalas empresas que estean interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 21 de febreiro de 2018 (mércores), en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.
No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunicalo envío ao fax 986524866 ou ben a través da sede electrónica cambados.sedelectronica.gal
Deberán aporta-la documentación seguinte:
SOBRE A: De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpren coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.
SOBRE B: Conterá a oferta económica.
ANEXO I
CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.
PRESUPOSTO DAS OBRAS:
Segundo o importe sinalado no proxecto redactada polo Arquitecto Municipal, ascenden a:
DENOMINACIÓN | Total | 21% IVE | TOTAL CONTRATA |
CONSERVACIÓN DO PAZO DE TORRADO E SALA DA NAVE PEÑA | 9.777,81 € | 2.053,34 € | 11.831,15 € |
FINANCIAMENTO.
O presente contrato financiaranse integramente con cargo ao Plan de Rehabilitación e Sinalización do Patrimonio Histórico-Cultural 2017, da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.
FORMA DE PAGO
A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos traballos realizados.
No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:
O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.
Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:
- Código da oficina contable: L01360062 – OC
- Código do órgano xestor: L01360062 – OG
- Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT
O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.
PRAZO DO CONTRATO.
1 MES dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.
PUBLICIDADE
Os gastos dos carteis de obra serán a cargo da empresa adxudicataria e o modelo a empregar será o establecido pola Excma. Deputación Provincial para o indicado Plan.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:
O único criterio será o do menor prezo de realización das obras sobre o prezo previsto na licitación.
A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.
FIANZA
O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.
En Cambados, a 5 de febreiro de 2018. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.
DOCUMENTACIÓN: