29 Outubro, 2025
00:00

 

ENLACE ACCESO Á PLATAFORMA CONTRATOS DE GALICIA

Pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) concedeuse a este Concello de Cambados a subvención que se indicará, para levar a cabo as obras/control calidade para a MELLORA PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS: O FACHO – BOUZA CASTRELO AGADER – PLAN CAMIÑA RURAL 2025-2026.

O orzamento presentado, aprobado e desagregado por conceptos é o seguinte:

Prezo estimado €

21% IVE €

Orzamento base licitación €

Obra

49.422,36

10.378,70

59.801,06

Control calidade

1.639,64

344,32

1.983,96

Total investimento

51.062,00

10.723,02

61.785,02

IVE non subvencionable.

O importe da axuda distribuirase en dúas anualidades do xeito seguinte:

Importe asignado (Plan de Mellora)

51.062,00 €

IMPORTE TOTAL AXUDA

51.062,00 €

Anualidades

Anualidade 2025

(48,718%)

Anualidade 2026

(51,282%)

24.876,34 €

26.185.66 €

FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO

Axuda Concedida € (1)

Fondos do Concello € (2)

Total

investimento €

MELLORA PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS: O FACHO – BOUZA CASTRELO AGADER PLAN CAMIÑA RURAL 2025-2026 PM25-0123

51.062,00

10.723,02

61.785,02

(1) Obras + control de calidade

(2) IVE das: obras + control calidade.

DATOS DA LICITACIÓN DAS OBRAS

Expte. AGADER: PM25-0123. Expte. Subvención: 382/2025. Expte. Contratación: 3203/2025

Tipo de contrato: OBRAS

Obxecto do contrato: MELLORA PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS: O FACHO – BOUZA CASTRELO AGADER PLAN CAMIÑA RURAL 2025-2026 PM25-0123

Procedemento de contratación: Aberto simplificado abreviado

Duración: 1 mes

Tramitación: Ordinaria.

Código CPV: 45233222-1 Traballos de pavimentación e asfaltado

Prezo estimado: 49.422,36 €. 21% IVE: 10.378,70 €. Orzamento base de licitación: 59.801,06 €.

Financiamento subvención AGADER: 49.422, 36 €.

Fondos Municipais: 10.378,70 € (21 % Ive non subvencionable).

DATOS DA ADXUDICACIÓN: Construcciones Obras y Viales, S.A.

Prezo s/IVE

IVE

Prezo c/IVE

BAIXA

49.422,36 €

10.378,70 €

59.801,06 €

0,00

MELLORAS OFERTADAS. Descritas na Cláusula 10 do PCAP:

Mellora 1: Obras complementarias para cumprir o requisito indicado pola autorización sectorial de AXI. Consistentes en sinalización horizontal, sinalización vertical e instalación de caz con reixa.

Camiño Bouza – Tramo Terra. Descrición da mellora a executar:

– Sinalización de STOP e liña de detención con pintura acrílica

– Sinalización R1 de STOP A 150 M.

– Sinalización de STOP vertical R2.

Corte e demolición de asfalto, escavación de gabia para instalación de 4 m. de caz con reixa de 40 cm. de ancho para recollida de augas pluviais, incuso conexión a pozo existente. Incluso recheo e reposición de asfaltado.

Mellora 2: Mellora da capa de rodadura no tramo de terra do camiño de Bouza (actuacion2) con aplicación de Dobre rega asfáltica, sobre firme existente, baseada nunha primeira rega con dotación de 2 Kg/m2 de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12 e dunha segunda rega con dotación de 1,5 Kg. de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo debidamente compactado.

Camiño Bouza – Tramo Terra. Descrición da mellora a executar:

Dobre rega asfáltica, sobre firme existente, baseada nunha primeira rega con dotación de 2 Kg/m2 de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12 e dunha segunda rega con dotación de 1,5 Kg. de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo debidamente compactado.

En data 30 de outubro de 2025 levouse a cabo o levantamento da Acta de comprobación de replanteo, quedando polo tanto iniciado o prazo de execución das obras que será de 1 mes.

O que se fai público en cumprimento artigo 13 da Lei 1/2016, de 8 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e do artigo 13.8 da RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas financiadas ao amparo do plan Camiña rural para o período 2025-2026 e convócanse as correspondentes ao ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E).

En Cambados, 30 de outubro de 2025. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.

 

Fees & Tickets
Free
$0,00

2 Scheduled Dates