Start: 22 Outubro, 2021
00:00
End: 22 Outubro, 2026
00:00

Rematado o prazo para a presentación de ofertas para o contrato menor do servizo de “ANÁLITICAS E CONTROIS DO COMPOST PRODUCIDO PARA O PROXECTO DE BIORRESIDUOS DE CAMBADOS”, a descrición dos traballos a executar e o prezo de licitación foi o seguinte:

10 Unidades a determinar pola Administración (90 €/Ud, sen IVE).

Determinacións dos parámetros a realizar:

– Elementos NPK simples (Nitróxeno, Fósforo e Potasio).

– Análise microbiolóxico: Escherichia coli e Salmonella

Presuposto IVE engadido

1.089,00 €

As empresas que tomaron parte na contratación ofertan a execución do Servizo polos prezos seguintes:

EUROFINS AGROAMBIENTAL, S.L.

– Elementos NPK simples (Nitróxeno, Fósforo e Potasio).

– Análise microbiolóxico: Escherichia coli e Salmonella

1.089,00 €

UNIVERSIDADE SANTIAGO COMPOSTELA

– Elementos NPK simples (Nitróxeno, Fósforo e Potasio).

– Análise microbiolóxico: Escherichia coli e Salmonella

1.089,00 €

ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO (*)

– Elementos NPK simples (Nitróxeno, Fósforo e Potasio).

271,20 €

(*) A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, indica na súa oferta, que non realiza análises microbiolóxicos, polo que non se terá en conta ao non cumprir co totalidade do obxecto do contrato.

Á vista das ofertas presentadas e do empate producido entre as ofertas formuladas por EUROFINS AGROAMBIENTAL, S.L. e a UNIVERSIDADE SANTIAGO COMPOSTELA e, sendo o prezo o único criterio, procédese a anunciar a celebración de sorteo público, o día 25 de outubro de 2021 (luns) ás 11.00 horas, na Oficina de Contratación (2º andar da Casa do Concello, Praza do Concello 1, Cambados) co obxecto de dirimir o empate producido entre as dúas ofertas económicas.

O presente anuncio publicarase na páxina web do Concello de Cambados e daráselle traslado ás empresas mencionadas.

A Concelleira Delegada de Medio Ambiente. En Cambados. Asinado electronicamente.

Fees & Tickets
Free
$0,00