Ven de publicarse na Plataforma de Contratos da Xunta de Galicia o anuncio de licitación das obras de “REPARACIÓN, ADECUACIÓN E MELLORA DAS GRADAS DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE BURGÁNS”, subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (+ Provincia 2024).
Para consultar a información e descargar a documentación do contrato prema no enlace seguinte: PREMER
A presentación de ofertas realizarase a través da ferramenta SILEX da Consellería de Facenda: ACCESO A SILEX
Prazo límite presentación ofertas: 29 de xaneiro de 2025 (mércores). Hora: 14:00
En Cambados, 15 de xaneiro de 2025. Servizo de Contratación.