Start: 25 Setembro, 2019
00:00
End: 25 Setembro, 2024
00:00

ANUNCIO DE FORMALIZACIÓN DE CONTRATO

En cumprimento do establecido polo artigo 154 da LCSP, faise público o anuncio de formalización do contrato das obras de “LOTE 2.- HUMANIZACIÓN DA RÚA PONTEVEDRA

1.Entidade adxudicadora:

a)Organismo: Concello de Cambados

b)Dependencia que tramita o expediente: Secretaría

c)Dirección de internet do perfil do contratante: https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=576170&OR=239&ID=801&S=C&lang=gl

2.Obxecto do contrato:

LOTE 2.- HUMANIZACIÓN DA RÚA PONTEVEDRA”

a)Tipo: Obra

b)CPV: 45233252-0 Traballos de pavimentación de rúas

c)Medio de publicación do anuncio de licitación: Plataforma de Contratos de Galicia

3.Tramitación e procedemento:

a)Tramitación: Ordinaria

b)Procedemento: Aberto Simplificado con división en lotes

4.Valor estimado do contrato: 65.952,45 euros.

5.Presuposto base de licitación Lote 2:

Importe Neto: 65.952,45 euros

Importe Total: 79.802,46 euros

6.Número de ofertas recibidas: (6)

7.Número de ofertas recibidas por vía electrónica: (6)

8.Formalización do contrato Lote 2:

a)Data de adxudicación: 17/09/2019

b)Data de formalización do contrato: 24/09/2019

c)Nome do contratista adxudicatario: “COTO DE UZ, PROYECTOS Y OBRAS, S.L.”

d)Importe de adxudicación:

Importe Neto: 58.829,10 euros

Importe Total: 71.183,21 euros

e)Vantaxes da oferta adxudicataria:

 

LOTE 2.- HUMANIZACIÓN RÚA PONTEVEDRA

Adxudicatario proposto:

COTO DE UZ PROYECTOS DE OBRAS, S.L.

Oferta económica:

58.829,10 €

IVE: 12.354,11 €

Total: 71.183,21 €

Baixa:

8.619,25

Prazo de garantía:

Tres anos (1+2)

Melloras Lote 2. Rúa Pontevedra.

Valoración: 5.800,00 €

Substitución do actual colector de fecais por un novo colector realizado en PVC de SN4 – de 315 mm. de diámetro, unión por xunta elástica de 7.70 mm de espesor, incluído acometidas novas as edificacións e os seguintes traballos:

– Escavación e retirada do actual colector, con carga e transporte de escombros e sobrantes a vertedoiro.

– Colocación do novo colector PVC SN4 315 mm. de diámetro, unión por xunta elástica de 7.70 mm de espesor, dende o comezo da rúa ata o ultimo pozo de conexión. (Lonxitude aproximada 100 m) incluso preparación da base do terreo, recheo e compactación.

– Realización de 12 novas acometidas ao novo colector a colocar, con tubo de PVC SN4 de 250 mm. (máximo 5,00 m. de lonxitude), incluso colocación de nova arqueta de 40×40 cm. e profundidade necesaria, con tapa de fundición ao limite da propiedade.

 

En Cambados, a 25 de setembro de 2019. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0,00