Start: 10 Maio, 2023
00:00
End: 10 Maio, 2028
00:00

ANUNCIO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN.FONDOS NextGenerationEU

Por Decreto da Alcaldía 2023-0822, de data 09/05/2023, ditouse a seguinte

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Por Resolución da Xerencia de Turismo de Galicia, concedeuse unha axuda, na liña 1: transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, outorgada ao abeiro da Resolución do 14 de marzo de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, anualidade 2023, publicada no DOGA nº 54 de 17/03/2023, en relación co expediente de solicitude de subvención nº TU503G 2023 1-19, na que se comunica a concesión dunha subvención ao 90% por importe de 47.693,08 €, para levar a cabo as actuacións previstas na memoria-valorada para aRESTAURACIÓN DA SENDA DO LITORAL NA PUNTA DO MARCO”.

O orzamento presentado e aprobado, desagregado por conceptos, é o seguinte:

DISTRIBUCIÓN DO FINANCIAMENTO:

Memoria-valorada: Restauración da senda do litoral na punta do Marco

Orzamento subvencionable

Subvención outorgada Xunta 90%

Achega Fondos Municipais 10%

Execución material Obra

34.870,00

31.383,00

3.487,00

Gastos Xerais (13 %)

4.533,10

4.079,79

453,31

Beneficio Industrial (6%)

2.092,20

1.882,98

209,22

Honorarios Proxecto e Dirección de Obra

2.300,00

2.070,00

230,00

TOTAIS

43.795,30

39.415,77

4.379,53

IVE (21%)

9.197,01

8.277,31

919,70

TOTAL Solicitude de axuda:

52.992,31

47.693,08

5.299,23

A desagregación das actuacións e importes da axuda é o seguinte:

Achega Xunta 90%

Achega Concello 10%

Obra: Restauración da senda do litoral na punta do Marco

Execución material

34.870,00

31.383,00

3.487,00

Gastos Xerais (13%)

4.533,10

6.625,30

5.962,77

662,53

Beneficio Industrial (6%)

2.092,20

Orzamento base licitación

41.495,30

37.345,77

4.149,53

IVE (21%)

8.714,01

7.842,61

871,40

TOTAL obra

50.209,31

45.188,38

5.020,93

Redacción Proxecto e Dirección obra

Honorarios

2.300,00

2.070,00

230,00

IVE (21%)

483,00

434,70

48,30

TOTAL Redacción e Dirección obra

2.783,00

2.504,70

278,30

TOTAL ACTUACIÓNS

52.992,31

47.693,08

5.299,23

Polo exposto, en virtude das competencias atribuidas á Alcaldía polo artigo 21.1 s), da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local

RESOLVE:

1º.- Aceptar a axuda por importe de 47.693,08 €, concedida pola Xerencia de Turismo de Galicia (Xunta) para levar a cabo as actuacións previstas na memoria-valorada para a “RESTAURACIÓN DA SENDA DO LITORAL NA PUNTA DO MARCO” (TU503G 2023 1-19).

2º- O prazo límite para xustificar os investimentos será o 31 de outubro de 2023, segundo establece o artigo 24.1 da Resolución do 14 de marzo de 2023, reguladora das Bases.

3º.- Dar traslado da presente Resolución aos Servizos de Intervención e Contratación, aos efectos do seu coñecemento e tramitación dos preceptivos expedientes.

4º.- Dar conta da presente Resolución á Xerencia de Turismo de Galicia (Xunta) e ao Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre.

5º.- Dar cumprimento á obriga de comunicación e publicidade establecida no artigo 23 n) da mencionada Resolución do 14 de marzo de 2023.

En Cambados, 10 de maio de 2023. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.

Fees & Tickets
Free
$0,00