Start: 24 Maio, 2023
00:00
End: 24 Maio, 2024
00:00

ANUNCIO CONCESIÓN SUBVENCIÓN

Por Decreto da Alcaldía 2023-0756, de data 03/03/2023, aceptouse a subvención seguinte:

… No BOPPO nº 77, do 21/04/2023, publícase anuncio do acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Excma. Deputación de Pontevedra, en sesión do 14/04/2023 relativo á concesión de subvencións para a prestación de servizos de información e atención ao público en Oficinas de Turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo “Info Rías Baixas”, outorgadas ao abeiro das Bases reguladoras para a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento dos custos da prestación de servizos de información e atención ao público en oficinas de turismo 2023, publicadas no BOPPO nº 15, 23/01/2023 (Expte. 2022071289).

Servizo

Orzamento €

Subvención

75% €

Fondos Concello

25% €

SERVIZO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO E INFORMACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO 2023 WEB2023009276

18.029,00

13.521,75

4.507,25

Polo exposto, en virtude das competencias atribuídas á Alcaldía polo artigo 21.1 s), da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local

RESOLVER:

1º.- Aceptar a subvención concedida por importe de 13.521,75 €, pola Excma. Deputación de Pontevedra para levar a cabo a actividade do “SERVIZO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO E INFORMACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO 2023

Asemade e, o abeiro do establecido na Base 18 das reguladoras para a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento dos custos da prestación de servizos de información e atención ao público en oficinas de turismo 2023, a actividade subvencionada deberá xustificarse na data límite 31/03/2024.

2º.- Acepta-las condicións de financiamento establecidas na Resolución de concesión, comprometéndose este Concello a aportar con cargo a fondos municipais a cantidade que se reflicte no cadro seguinte:

Orzamento €

Subvención 75% €

Fondos Concello 25% €

18.029,00

13.521,75

4.507,25

3º.- Da presente Resolución darase traslado aos Servizos de Intervención e Contratación aos efectos de tramitar os preceptivos expedientes e darase conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre…”

O que se fai público en cumprimento do disposto polo artigo 8.1 c) da Lei 19/2023, de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

En Cambados, 24/05/2023. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.

Fees & Tickets
Free
$0,00