Start: 19 Abril, 2022
00:00
End: 19 Abril, 2027
00:00

Por Decreto da Alcaldía nº 2022-0465 de data 18/04/2022, adxudicouse o contrato do servizo de “XESTORÍA LABORAL DO CONCELLO DE CAMBADOSá empresa “UNIPRO-PONTEVEDRA, S.L., que o executará polo prezo e condicións seguintes:

Empresa adxudicataria e CIF:

UNIPRO-PONTEVEDRA, S.L., B36006963.

 

Prezo

anual

Prezo

3 posibles prórrogas

Prezo total

(anual+3 posibles prórrogas)

Valor estimado

7.810,00

23.430,00

31.240,00

21 % IVE

1.640,10

4.920,30

6.560,40

PREZO DE ADXUDICACIÓN

9.450,10

28.350,30

37.800,40

 

Duración do contrato:

A duración do contrato de servizos será de UN ANO con efectos desde a súa formalización.(Cláusula 6ª do Prego). Prevese a posibilidade de tres prórrogas de un ano cada unha delas acordadas antes do remate do prazo de duración daquel. A prórroga acordarase polo órgano de contratación e será obrigatoria para o empresario.En todo caso, non se admite a concertación de prórrogas tácitas.

Designación do responsable do contrato:

D. Rubén Coego Golmar, como responsable do equipo adscrito á execución do contrato (Anexo III)

Asesoramento legal:

Avogada designada pola empresa Dª Mª Isabel Barros Freira, colexiada nº 1838 no Ilustre Colexio Oficial de Avogados de Vigo (Anexo IV).

Oficina de atención presencial aos traballadores:

Localización da oficina para atención presencial aos traballadores: Rúa Blanco Porto, nº 2, entlo (Pontevedra).

A oficina está dentro do ámbito territorial da Tesourería Xeral da Seguridade Social en Pontevedra co número 36/01. Os horarios de atención presencial aos traballadores determinaranse coa Unidade encargada do seguimento e execución do contrato.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro, de Transparencia, Acceso a Información Pública e Bo Goberno.

En Cambados, 19 de abril de 2022. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.

Fees & Tickets
Free
$0,00