Start: 7 Marzo 2018
12:00 a.m.
End: 6 Marzo 2023
12:00 a.m.

Por Resolución desta Alcaldía de data 05/03/2018, adxudicouse á empresa “TECNOGALL, S.L.“, o contrato das obras de “RENOVACIÓN DA ILUMINACIÓN VIAL NA AVDA. DE VILARIÑO”, por importe de vinte e dous mil douscentos setenta e sete euros con sesenta e oito céntimos ( 22.277,68 €), de IVE a cantidade de catro mil seiscentos setenta e oito euros con trinta e un céntimos (4.678,31€), totalizando un importe de vinte e seis mil novecentos cincuenta e cinco euros con noventa e nove céntimos ( 26.955,99 ).

A proposta ofertada ademais contempla unha baixa de 1.175,51 € (sobre o prezo de licitación 23.450,19 sen Ive), unha garantía das luminarias subministradas de 10 anos e un rendemento lumínico medio de 139,43 e deberá levar a cabo a solución técnica proposta ao proxecto para o alumeado dos paso de peóns.

As indicadas obras financiáronse ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2017.

O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP, polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno e polo establecido na Base décimo quinta das Reguladoras do Plan Concellos 2017.

En Cambados, a 6 de marzo de 2018. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0.00