Start: 26 Xullo, 2018
00:00
End: 26 Xullo, 2023
00:00

Por resolución desta Alcaldía, de data 24/07/2018, adxudicouse o contrato menor das obras de “MELLORAS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS, á empresa “ACEVI, S.L., que executará as obras polo prezo de vinte e catro mil seiscentos catorce euros con oitenta e nove céntimos (24.614,89), de Ive a cantidade de cinco mil cento sesenta e nove euros con trece céntimos (5.169,13 €), totalizando un importe de vinte nove mil setecentos oitenta e catro euros con dous céntimos (29.784,02 €), cunha baixa de cinco mil douscentos quince euros con noventa e oito céntimos (5.215,98 €), sobre o orzamento base de licitación de 35.000,00 €), mediante contrato menor de obras.

As mencionadas obras contan cunha subvención da Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos, Plan Concellos 2017.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno dos Concellos e co disposto na Base décimo quinta das Reguladoras do Plan Concellos 2017.

En Cambados, a 26 de xullo de 2018. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0.00